ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Perruquería Jorge Álvarez, 1º premio do concurso de escaparates “Se ti compras en Viana, todos ganamos”

O segundo premio correspondíalle a Cerralga e no concurso participaban uns 15 establecementos comerciais vianeses

O alcalde de Viana, Abelardo Carballo, co ganador do primeiro premio do concurso de escaparates, Jorge Álvarez./ Foto: Concello de Viana do Bolo.

 

No marco da campaña de dinamización comercial “Se ti compras en Viana, todos ganamos” incluíase un concurso de escaparates cuxos premios tamén se veñen de facer públicos por parte do Concello. Así o primeiro premio, dotado con 200 euros, correspondíalle á Perruquería Jorge Álvarez, mentres que o segundo (con 100 euros) era para Cerralga.

“Cómpre destacar a grande orixinalidade dos escaparates e o gran traballo non só dos gañadores senón do resto de participantes no concurso, aos/ás que agradecemos que lles deran un toque festivo a este Nadal tan atípico”, segundo o Concello de Viana do Bolo, promotor da campaña xunto coa plataforma comproenviana.com.

 

O rexedor vianés, fcendo entrega d segundo premio do concurso./ Foto: Concello de Viana do Bolo.

 

No concurso participaban un total de 15 establecementos comerciais: Andrea Óptica, Armería Reclamo, Café Bar O Callejón, Centro Terapéutico Benestar, Bazar Vidueira- Don Euro, Calzados Serrano, Cerralga, Floristería Pétalos, Comercial Gonzalo, Ferretería Bricomarc, Fotoclick, Peluquería Jorge Álvarez, Restaurante A Nosa Casa, Pinchacarneira e Dos Mundos.

Artigos relacionados

Back to top button