ConcellosÚltima hora

Personaxes de debuxos animados visitarán as rúas de Quiroga a partir do vindeiro luns

Deixaranse ver polas mañás, entre as dez e a unha, e polas tardes, entre as catro e as sete

Imaxe do centro da vila de Quiroga./ Foto cedida.

 

Coincidindo co segundo día no que os nenos poderán realizar pequenas saídas á rúa, uns curiosos axudantes de varredores e xardineiros moveranse pola vila de Quiroga a partir do vindeiro luns 27 de abril. Serán personaxes de debuxos de animación como a Patrulla Canina, Miki Mousse ou os Minions que contribuirán “a manter limpos os xardíns e as principais rúas da localidade”, tal e como adiantan dende o Concello de Quiroga

Deixaranse ver polas mañás, entre as dez e a unha, e polas tardes, entre as catro e as sete. Con esta iniciativa, a intención do Concello de Quiroga e do seu departamento de infancia é que, “coincidindo con eses momentos nos que os nenos teñen autorización para saír á rúa, non boten en falta todas aquelas actividades que realizaban antes do confinamento, sobre todo os xogos cos amigos nas zonas de lecer”, explican dende esta administración local.

O feito de ver a estes coñecidos personaxes cando saian á rúa ou dende as ventás das súas casas “servirá para animar a estes cativos que están a sufrir este confinamento, e que, sen entender moi ben esta situación, estanse portando como grandes heroes”, din dende o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button