CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Pesar no fútbol galego e na Rúa pola repentina morte de Ángel Galán, xogador dos veteranos do Corme CF

 

Esta fin de semana foi dura para o mundo do fútbol. O venres aparecía morto na súa casa un membro da directiva do Centro de Deportes Barco Manuel Agostiño; e o domingo falecía de forma repentina un xogador dos veteranos do Corme CF, Ángel Galán Brioso, natural da Rúa e residente na Coruña.

Ángel tiña 41 anos e falecía durante un partido. Disputaba unha parte e tiña que saír do campo ao sentirse indisposto. Finalmente, malia os intentos por reanimalo, o desenlace era fatídico polo que non tardaron en saltar notas de condolencias. A Fedaración Galega de Fútbol transmitía o seu pésame á familia e amigos, e na súa memoria gardábase un minuto de silencio nos encontros da delegación da Coruña.

Na Rúa, o Colexio Pablo VI-Fátima onde estudou e onde traballa a súa nai, convidaba a toda a comunidade educativa a unirse en oración polo seu ex alumno. “A súa alegría perdurará para sempre. Lamentamos a súa morte e enviamos un emocionado abrazo a toda a súa familia, especialmente á súa nai”, aseguran a través do das redes sociais.

 

Ángel Galán Brioso. /Foto FB Pablo VI.

 

Artigos relacionados

Back to top button