EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“Pescados y Mariscos A Barqueira”, na Praza de Abastos do Barco, estrea imaxe

Cunhas instalacións novas e cunha coidada decoración que recrea escenas mariñas atopábanse as numerosas persoas que na mañá do 9 de febreiro se achegaban ata o posto de “Pescados y Mariscos A Barqueira”, situado na Praza de Abastos do Barco. Para celebrar este cambio de imaxe, a súa propietaria, Pamela Rodríguez, agasallaba aos seus clientes con deliciosos doces propios destas datas de Entroido, como as orellas, acompañados de diversos zumes.

Ata a praza achegábanse tamén o alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Comerio e Turismo, Irene Dacal. Tamén os autores da decoración, feita a man, visitaban este posto.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button