OurenseÚltima hora

Pesebre alegórico feito a man polos usuarios da Casa do Maior de Castrelo de Miño

 

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitaba esta mañá a exposición dun pesebre alegórico e de diferentes traballos manuais levados a cabo polos usuarios da Casa do Maior do concello de Castrelo de Miño, que permanece aberto ao público nas instalacións do Club Náutico de Galicia.

González Abeijón aproveitou o seu percorrido pola mostra para poñer en valor os beneficios que estas actividades supoñen para as persoas maiores, nas que a creatividade, o entusiasmo e o traballo interactivo son os piares fundamentais para que os usuarios destes centros de dia avancen cara un envellecemento activo e mellor.

 

Artigos relacionados

Back to top button