En portadaÚltima hora

Petín abandonará o nivel alto de restricións a partir do venres

Este municipio, pasará xunto ao Barco, ao nivel medio baixo. Carballeda continuará en nivel medio, tal e como vén de acordar o comité clínico

Panorámica de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Será o caso de Petín (que arestora está en nivel alto) e do Barco (que está en nivel medio).

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button