ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Petín abre as portas a unha fin de semana do século XIX

Medio cento de postos de artesanía e gastronomía participan na Feira de 1812 que inauguraba o pregón de mª Antonia Vázquez

Con dúas semanas de retraso sobre a data inicial, na mañá do 23 de xuño abría as portas, no casco vello, a VII Feira de 1812 en Petín. E facíao coma sempre co pregón, a cargo este ano de Mª Antonia Vázquez Díaz. Natural da Coruña aínda que vivíu máis de 40 anos en Petín, a pregoeira fixo un repaso polos cambios que sufríu a localidade valdeorresa dende que ela a coñeceu, alá polo 1970. Coa antropoloxía como fío condutor do discurso, Mª Antonia, petinesa de adopción, tamén fixo referencia ao carácter acolledor de Petín e da camaradería das súas xentes, asegurando que “quen vén unha vez, repite, xa que nesta vila manteñen a filosofía de vive e deixa vivir e sobre todo, non me compliques a vida”, dixo Vázquez Díaz asegurando que o dito popular “Petín pitou pero non pasou” está “obsoleto xa que Petín pita e seguirá pitando”.

 

A pregoeira Mª Antonia Vázquez Díaz.

 

Co grito de “viva Petín e a Feira de 1812” remataba o pregón en torno ás 13:30h. e a charanga Europa comezaba o seu percorrido musical polas empedradas rúas da vila onde hai colocados medio cento de postos: de doces, de coiro, de madeira, de cerámica, de artesanía, de xoguetes, de pementón (con exhibición de moenda incluída), exposicións de bonsais, de maquetas de barcos e monumentos, de radios antigas,… ademais dunha decena de adegas da D.O. Valdeorras e da presenza da AECC, das Voluntarias da Caridade, de Morea e da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras.

Mañá, domingo 24 de xuño actuarán o grupo de gaitas Airiños de Caldelas e a Banda de Música Fonte Grande, e durante os dous días haberá exhibcións e racións de churrasco na taberna da feira. O domingo antes da clausura (en torno ás 21:30h.), procederase ao sorteo de 500 euros entre toda a xente que mercara rifas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button