En portadaEntroido 2022Última horaVídeos

Petín abre o Entroido cun desfile de folións polas rúas da vila

O encontro, organizado pola Asociacion Cultural Os Arrieiros, contou coa asistencia dos Labregos, da Caniceira e dos Viticultores

Publicidade

 

Tras dous anos de silencio, os bombos e as aixadas volven soar polas rúas de Petín. A xente ten ganas de Entroido e así o demostraban os participantes no encontro organizado pola Asociación Cultural Os Arrieiros que na tarde deste sábado 12 de febreiro, reunía catro folións.

O punto de encontro era coma sempre a zona das Covas de Petín de onde, pasadas as catro e media da tarde, comezaba o desfile polas rúas desta localidade valdeorresa ao son dos anfitrións, Os Arrieiros; do Folións Os Labregos de Trives; do Folión Os Viticultores de Vilamartín; e do Folión A Caniceira de Trives.

Debido á situación sanitaria, este ano a xuntanza era máis curta e con menos participación que en anos anteriores e tampouco remataba nun local no que se preparaba unha mesa con pinchos e bebidas para os participantes. Nesta ocasión, gardando todas as medias anti Covid, optábase por entregar aos integrantes do folión unha individual con bocadillo e bebida, en sinal de agradecemento pola participación en tempos difíciles.

Fotos e vídeos: José Abuín.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button