A Casa da Cultura de Petín acollerá o vindeiro sábado, 29 de agosto, a presentación do libro “El monte o la muerte” de Santiago Macías. Terá lugar ás 20:00 horas.
Este libro relata a loita armada da guerrilla antifranquista despois da Guerra Civil no noroeste español, facendo fincapé nas zonas do Bierzo e Valdeorras. Está estructurado a través da vida de do guerrilleiro Manuel Girón e dunha investigación con documentos e testemuños.
Ademais, “El monte o la muerte” vai pola súa quinta edición e conta co prólogo do escritor Julio Llamazares e de Joseph Girón Bazán.