ConcellosPetínÚltima hora

Petín celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha plantación no parque infantil

 

Mañá, sábado día 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente pero no concello de Petín adiantábanse un día e conmemorábano na tarde deste venres 4 de xuño, cunha plantación de árbores no parque infantil, por parte dos máis pequenos do municipio.

 

 

 

Este acto enmárcase tamén no campaña “Unha Árbore por Europa” na que participa o concello de Petín. Unha iniciativa promovida polos xones europeistas de Equipo Europa, que nace a raíz dunha proposta do presidente do Parlamento Europeo para mellorar a situación do cambio climático.

Os participantes na campaña asumen o compromiso de plantar unha árbore no municipio; visibilizar a importancia do desenvolvemento no ámbito local; e involucrar aos xoves nos procesos de toma de decisións en materia de sostibilidade local.

 

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button