CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Petín contará cunha casa niño

Será unha das cinco novas que se creen na provincia de Ourense, xunto coas de Sarreaus, Taboadela, Trasmiras e Vilardevós
Imaxe da praza de Petín.

No Consello da Xunta celebrado neste xoves 31 de xaneiro informábase da próxima resolución da última convocatoria de axudas para a creación de 15 novas casas niño noutros tantos municipios do rural galego de menos de 5.000 habitantes. “Coa próxima apertura destes recursos de conciliación, que son gratuítos para as familias, elévanse ata 305 as prazas para nenos de 0 a 3 anos, repartidas por toda a xeografía galega en 61 casas niños”, tal e como se indica dende a Xunta.

No caso da provincia de Ourense serán cinco os concellos nos que se instalarán estes novos equipamentos: os de Petín, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras e Vilardevós. No caso de Lugo crearanse tres novos (en Rábade, Páramo e Triacastela) e na Coruña sete.

O goberno galego traballa xa na que será a cuarta convocatoria deste programa, á cal se poderán presentar 36 concellos e que se prevé que saia adiante durante o primeiro semestre deste ano. “Con esta futura liña de financiamento espérase financiar outras 15 destes recursos, de xeito que Galicia poderá acabar a presente lexislatura con 76 casas niños a pleno redemento”, indican dende a administración galega.

Artigos relacionados

Back to top button