Dende o Concello de Petín esta a impulsarse un programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Neste marco, o vindeiro sábado 19 de setembro está prevista unha actividade coeducativa titulada “Coeducando creando. As lentes violeta e o dicionario da igualdade no Concello de Petín”.
Vai dirixida á poboación infantil “para impulsar a participación dos nenos e das nenas en accións de defensa dos valores da igualdade e a cultura da paz”, tal e como avanza a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista.
Terá lugar entre as 10h. e as 14h. na Casa da Cultura de Petín. Para ampliar información pode visitarse o Concello, a súa web www.petin.es ou contactar a través do correo electrónico traballadorasocial@petin.gal.