ConcellosGalerías de fotosPetínÚltima hora

Petín despide a Semana Santa coa procesión do Resucitado

O encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado, pon o broche aos cultos o Domingo de Pascua

 

Despois dunha semana de loito, nas que se reviviu a paixón e morte de Cristo, neste Domingo de Pascua, 17 de abril, celebrábase un dos momentos máis esperados polos devotos: o encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado.

Na parroquia de Petín, o acto tiña lugar á entrada da praza Doutor Quiroga ás 12:45h. A imaxe da Dolorosa, á ombros das mulleres, chegaba ao encontro co seu fillo levado a ombros polos homes, mudando o mando negro de loito por un vemello e dourado. E xuntos, regresaban á igrexa parroquial seguidos polos fegreses para asistir á misa de Resurrección.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button