CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Petín despide o Nadal coa festa de Reis na Casa da Cultura

As súas Maxestades visitaron o belén vivinte antes de repartir lambetadas entre os cativos

Primeiro visita polos pobos do municipio e despois paseo ata a Casa da Cultura con posterior festa infantil. Así despedían o Nadal en Petín, na tarde do 5 de xaneiro.

Tralo percorrido polas diferentes localidades do concello, os Reis Magos acompañados polos paxes, completaban o percorrido entre a Casa do Concello e a Casa da Cultura (Teleclub). Ali (cunha grande expectación por parte dos cativos e familiares) o primeiro foi achegarse ao belén vivinte onde renderon culto ao Nenos Xesús, a Virxe María e José. Despois, un a un, Melchor, Gaspar e Baltasar saudaban aos pequenos presentes, repartindo lambetadas.

Con musical ambiente e os flashes das cámaras de fotos e os teléfonos móbiles disparando sen parar, remataba a festa de Reis e con ela o Nadal en Petín.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button