A RúaConcellosÚltima hora

Petín e a Ponte da Cigarrosa serán protagonistas do ‘Paseo con Historia’ deste domingo 5 de xuño

A oficina de turismo da Rúa organiza esta andaina que sairá ás 11 horas dende a ponte

Ponte da Cigarrosa entre A Rúa e Petín.

 

Continúan os ‘Paseos con Historia’ organizados pola Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa. Despois do percorrido pola Rúa Vella con especial atención na Igrexa de Santo Estevo, para este domingo 5 de xuño, propoñen unha pequena andaina polo centro de Petín na que contarán a historia da Guerra da Independencia do Val do Sil, un momento histórico no que esta vila valdeorresa e a Ponte da Cigarrosa serán protagonistas.

Por iso a ponte sobre o río Sil, entre A Rúa e Petín, será o punto de encontro ás 11 horas. De aí partirá o paseo que rematará no mesmo lugar coa degustación de viños da Adega A Pinguela e empanadas da Panadería Querol.

A celebración desta andaina coincide coa Feira de 1812 que conmemora este mesmo feito histórico e que se celebra na praza e arredores de Petín durante toda a fin de semana.

 

Artigos relacionados

Back to top button