ConcellosÚltima hora

Petín entra nas festas do Apóstolo coa Sonora Petinesa

Ao longo de tres días este concello valdeorrés honrará a Santiago Apóstolo e a Santa Ana con multitude de actos
Actuación da Orquestra Sonora Petinesa./ Foto: Carlos G. Hervella
Actuación da Orquestra Sonora Petinesa./ Foto: Carlos G. Hervella

Do 24 ao 26 de xullo Petín celebra as súas festas patronais. O xoves día 24 pola tarde-noite, será a propia orquestra orixinaria de Petín, A Sonora Petinesa, a que abra o apartado musical das festas coa actuación en sesión de tarde e tamén verbena. Esta orquestra nace no 2012 da idea dun grupo de amigos de Petín, incluído o seu alcalde, para facer un día máis de festa durante o Santiago e Santa Ana.

Foi tal o éxito acadado, que non tiveron máis remedio que repetir actuación na XIII edición da Festa da Freba no mes de decembro dese mesmo ano. Actuaron de novo nas festas patronais do ano pasado, converténdose asemade nos protagonista das festas deste ano para deleite do público e dos seus fans, que poderán seguir a súa actuación musical cun variado repertorio baseado nas inesquecibles verbenas do anos 60 e 70.

Despois dos bailes que veciños e visitantes botarán ao ritmo da Sonora Petinesa, chegará o día grande da festa e festivo nacional, o venres 25 de xullo, Santiago Apóstolo. Xa de boa mañá as bombas de palenque anunciarán a festividade, que terá un dos principais momentos na procesión coa imaxe do Apóstolo polas rúas de Petín prevista para as 12:30h.

Ao rematar, na igrexa terá lugar a eucaristía que estará musicalmente amenizada polo coro parroquial. Ese día pola tardiña, cando o sol comece a retirarse tralas montañas, a orquestra Pontevedra fará acto de presenza na praza para amenizar o baile en sesión de tarde e tamén verbena.

Esa mesma programación repetirase ao día seguinte, sábado 26, festividade de Santa Ana. A procesión coa imaxe da santa comezará de novo ás 12:30h. para rematar na eucaristía cantada de novo polo coro parroquial.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button