En portadaÚltima hora

Petín entrará en nivel alto de restricións o vindeiro venres

Así o vén de decidir o comité clínico na reunión desta tarde, na que tamén decidía manter a Carballeda de Valdeorras en nivel máximo, e ao Barco e a Rubiá no nivel alto

Vista panorámica de Petín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar manter o nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións en varios concellos, tres deles na comarca de Valdeorras: O Barco e Rubiá que xa estaban, aos que se sumará tamén Petín. Tamén estarán nese nivel os concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, Lobeira, Míños, Meira, Ribeira e Cambre.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez, e Ortigueira.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 23 de abril.

 

Artigos relacionados

Back to top button