En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Petín homenaxea ao doutor Miguel Blanco

Unha placa no Centro de Saúde da localidade lembrará para sempre ao xove neurólogo falecido hai un ano

Un gran médico, un gran investigador, un gran docente e “sobre todo, unha gran persoa”. Son algúns dos calificativos cos que o conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, loaba ao doutor Miguel Blanco González. Facíao na homenaxe que se celebraba no mediodía do 1 de outubro no Centro de Saúde de Petín. Un acto no que amigos, familiares, compañeiros e veciños do xove neurólogo falecido de forma repentina hai un ano, asistían ao descubrimento dunha placa na súa memoria.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou a brillante traxectorial profesional de Miguel Blanco, do que destacou valores como “o esforzo, a dedicación, a paciencia, a perseverancia e o compañerismo, ben equilibrados coa súa humildade”, engandindo que foi unha referencia para os seus compañeiros, unha guía para os seus alumnos, un líder para o seu equipo de investigación e un médico cercano, amable e atento para os seus pacientes. Discípulo do doutor José Castillo, era considerado un dos facultativos de máis futuro no ámbito da neurociencia.

O doutor José Castillo foi un dos que interviu no acto, así como  o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o alcalde do concello de Petín, Miguel Bautista que abría o turno de intervencións, e a viúva do doutor Blanco, Susana Bembibre que era quen o pechaba, antes de descubrir xunto ao seu fillo, Eduardo, a placa no interior do Centro de Saúde.

O acto remataba cunha pinchada para todos os asistentes, entre eles o presidente da FEGAMP e alcalde do Barco, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, o xerente do Sergas, a xerente da Xestión Integrada de Ouerense, Verín e O Barco de Valdeorras, o xerente de Xestión Integrada de Santiago, a alcaldesa da Rúa, o vicedecano da Falcultade de Medicina de Santiago e xefe do Servizo de Neuroloxía do CHUS.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button