ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Petín honra a Santiago Apóstolo

A súa imaxe percorría en procesión o centro desta vila valdeorresa ás 13h. deste 25 de xullo

Con multitude de actos está a celebrar Petín as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstolo e de Santa Ana. Entre eles está a procesión que a partires das 13h. do mediodía deste 25 de xullo percorría o centro desta vila. Este traxecto relixioso, que finalizaba na igrexa, estaba acompañado pola música de Airiños de Portela. Xa no templo, soaban os cantos do coro parroquial e comezaba a misa solemne.

Despois veciños e visitantes dirixíanse cara a praza para desfrutar da sesión vermú a cargo da orquestra Galilea. As festas continuarán ata o 27 de xullo con máis música, actos relixiosos e lúdicos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button