DeportesÚltima hora

Petín prepárase para a IV edición da KDD Racing

Os amantes do motor teñen unha nova cita o 29 de xuño da man de La Granja Racing

Xuño está sendo un gran mes para os afeccionados ao motor, a velocidade e a festa. Nada máis arrancar, o día 2, A Rúa acollía a penúltima proba da Liga Galega da Moto de Campo; os días 7 e 8 celebrábase por diferentes partes da provincia a 52 edición do Rallye de Ourense; e a finais de mes, terá lugar unha nova edición da KDD Racing en Petín.

Tralo parón do ano pasado (na galería de imaxes poden verse asistentes á edición de 2017), o colectivo La Granja Racing ultima xa a que será a IV quedada, que reunirá a numerosos coches e afeccionados e que presenta importantes novidades tal como adianta a organización a través das redes sociais.

A cita será o sábado 29 de xuño a partires das dez da mañá e coma sempre haberá zona de acampada gratuíta, música, sorteos, zona de slalom e moitos premios. O custe do xantar será de 15 euros e o da cea doutros 15, podendo coller o pack de xantar e cea por 25 euros. Entre as novidades que presenta esta edición está a zona de exposición “mellorada e limitada a 45 coches” e o sorteo dun coche.

 

Cartel da IV KDD Racing en Petín.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button