DeportesÚltima hora

Petín prepárase para a III KDD Racing, o 8 de xullo

A xuntanza de vehículos preparados incluirá xantar, cea, premios e festa durante todo o día
Asistentes á anterior edición da KDD Racing./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por terceiro ano consecutivo, o grupo de amigos afeccionados ao motor que forman La Granja Racing organizaron a III Quedada (KDD) Racing, prevista para o sábado 8 de xullo, cun programa que inclúe xantar e cea (15 euros só cea ou só xantar, e 25 euros os dous), previa reserva (antes do 25 de xuño nos teléfonos: 626 146 700 / 649 123 036).

Despois do éxito do ano pasado coa xuntanza en Petín de máis de 250 vehículos, o programa da quedada seguirá o mesmo esquema e comezará ás 11 horas coa apertura de inscricións na praza Doutor Quiroga onde se irán colocando os vehículos. O xantar está previsto para as dúas da tarde no patio cuberto da Casa da Cultura (Teleclub) e xa en torno ás 17h. comezarán a subida á zona do Slalom no Campelo (á entrada de Mones) onde se desenvolverá a tarde con música, espectáculos, ferramentas para o cambio de rodas, etc, intercambio de experiencias… A cea celebrarase no mesmo sitio que o xantar, en torno ás 22:30 horas e a festa rematará na praza coa actuación da disco-móbil STUU.

Haberá zona de acampada gratuíta e o programa inclúe premios para o coche máis ruidoso; o máis antigo; o máis afastado; e tamén para o grupo máis numeroso, para a mellor tracción dianteira en pista e para o mellor tracción traseira /4×4 en pista.

Artigos relacionados

Back to top button