En portadaÚltima hora

Petín regresa esta fin de semana ao século XIX

Domingo Díaz lerá o pregón desta edición da Feira de 1812 que arranca mañá 3 de xuño remata o domingo día 5
Soldados franceses na anterior edición da Feira de 1812 en Petín. /Foto: Carlos G. Hervella.
Soldados franceses na anterior edición da Feira de 1812 en Petín. /Foto: Carlos G. Hervella.

A Feira de 1812 en Petín nacía hai catro anos da idea de “conmemorar o bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812 e o intento de invasión das tropas francesas no pobo de Petín no ano 1809”. Unha data na que as mulleres do pobo se enfrontaron con bravura e valentía aos soldados franceses que se achegaron de paso a Valdeorras, durante a Guerra da Independencia, protagonizando o famoso dito popular “Petín pitou porque non pasou”.

A celebración foi cambiando de data, e nesta ocasión terá lugar na fin de semana do 3 ao 5 de xuño. Durante toda a fin de semana, oo casco antigo de Petín retrocederá no tempo, representando o ambiente de comezos do século XIX en canto a oficios, artesáns, vida social, tradicións, con figurantes (soldados franceses, bandoleiros, comerciantes, damas,…) polas rúas rúas, e con numerosos postos ocupados por empresarios e artesáns do propio concello, de toda a comarca de Valdeorras e tamén doutros puntos da xeografía galega e incluso española. Haberá artesáns da madeira, do coiro, do ferro e incluso do vidro, ademais de manterse as mostras de bonsais, de radios antigas, as tabernas con viños do municipio e un sinfín de postos de gastronomía (embutidos, doces,…).

A feira, organizada pola Asociación Cultura Fonte Grande inaugúrase mañá, venres 3 de xuño, ás oito da tarde coa lectura do pregón a cargo do petinés Domingo Díaz Docampo, profesional do audiovisual. Ese día a mostra pechará ben entrada a noite. Ao día seguinte, o recinto feiral abrirá de novo de 12 a 15 e de 19 a 23 horase, contando con diferentes actividades como a actuación dunha banda de gaitas e charangas que amenizarán musicalmente o ambiente. A organización contará coma siempre coa taberna onde comer e beber e o domingo en torno ás nove da noite, antes da clausura, realizarán o sorteo de 500 euros.

13112933_1032401126854571_6274860525839150980_o

Máis información na edición en papel de maio do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button