ConcellosPetínÚltima hora

Petín rexistra 8 casos de Covid-19, dos cales 5 non son do municipio nin residen nel

 

A situación sanitaria non é demasiado boa na comarca de Valdeorras polo que dende os Concellos rogan á poboación que extreme aínda máis todas as medidas necesarias.

É o caso da alcaldesa de Petín, municipio no que segundo a información recibida polo Sergas no día de onte 20 de novembro, o número total de positivos era de 7. Aínda así, dende a Alcaldía puntualizaban que “malia que os datos oficiais, que se basan en positivos que teñen o domicilio da tarxeta sanitaria neste caso en Petín, o número real de positivos neste Concello de 2, xa que os demais nin pertencen nin viven aquí”.

Con todo, no Concello tiñan constancia doutro positivo, co cal a día de hoxe, sábado 21 de novembro, o número total de casos activos de residentes en Petín é de 3.

Artigos relacionados

Back to top button