ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Petín rende culto á Freba

Máis de 500 persoas asistiron á festa gastronómica coa carne de porco como prato principal

Uns 350 quilos de freba de porco á grella e 1.000 chourizos escaldados foron os que se degustaron na XVI edición da Festa da Freba, celebrada en Petín na noite do sábado 5 de decembro.

A cita, coa que Valdeorras abre o ciclo de festas gastronómicas de inverno, celebrouse coma sempre na carpa cuberta no patio do Teleclub e contou con máis de 500 asistentes que, ademais da carne, degustaron tamén consomé (primeiro prato) e ucheira (postre), ademais de pan, viño a esgalla, e licores.

O broche á cea poñíao a música. Dunha discoteca móbil na propia carpa, e da banda local Vuelta y Media no bar Doble Cero.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button