ConcellosPetínÚltima hora

Petín terá o seu primeiro Mercadiño do Nadal os días 11 e 12 de decembro

 

Neste 2021 Petín terá o seu primeiro Mercadiño de Nadal. Tal como adianta a alcadesa, Raquel M. Carballo, aínda quedan postos por confirmar pero entre os que xa é seguro que participarán hai un de libros, outro de antigüidades, de doces, de chocolate con galletas, de mel, de vixutería e mesmo un de bonecos feito en lá para nenos. “Quen desexe participar aínda está a tempo porque queda algún posto libre”, di Raquel, adiantando que poden poñerse en contacto co Concello.

A data para esta primeira edición do mercadiño do Concello de Petín é a fin de semana do 11 e 12 de decembro en horario de tarde, de catro a oito aproximadamente, no Teleclub.

 

Artigos relacionados

Back to top button