EconomíaEconomíaÚltima hora

Petiscos e agasallos na Praza de Abastos do Barco o 26 de maio para celebrar o “Día do Mercado”

A partires das 10:30h. esta praza estará decorada con diferentes motivos e os praceiros teñen preparada unha pinchada, con pratos elaborados cos seus productos
Imaxe da celebración do “Día do Mercado”, o pasado ano na Praza de Abastos do Barco./ Foto: A.R.

Entre os 90 mercados galegos que participarán na campaña internacional: “Mercados: preto do teu corazón”, estará a Praza de Abastos do Barco. Esta iniciativa, que se celebrará do 14 ao 27 de maio, incluirá a realización de diferentes actividades de dinamización, e a celebración, o 26 de maio do “Día do mercado”.

Así a Praza de Abastos do Barco agasallará ao público con petiscos e bebidas, ademais doutras actividades. Será o sábado 26 de maio a partir das 10:30h. A praza estará decorada con diferentes motivos, os clientes recibirán agasallos, e os praceiros teñen preparada unha pinchada, con pratos elaborados cos seus productos.

O Barco “súmase á iniciativa da Xunta de Galicia, no seu propósito de promover os mercados locais e as prazas de abastos, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e o bo facer dos nosos praceiros e praceiras, na campaña internacional “Love your local market” ( Quere ou teu mercado)”, segundo se indica dende o Concello do Barco.

O obxecto desta campaña é “unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños cun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade, á vez que se fortalecen os lazos de unión e fidelización cos usuarios”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button