EconomíaEconomíaÚltima hora

Petiscos e animación na Praza de Abastos do Barco coa campaña “Quere ao teu mercado”

 

Con sorpresas e petiscos están sendo recibidos esta mañá as persoas que se achegan ata a Praza de Abastos do Barco, que se suma nesta xornada á campaña “Quere ao teu mercado”, posta en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, neste caso coa concellería de Promoción Económica e Turismo barquense.

Esta iniciativa volve tras a súa suspensión nos últimos dous anos por motivo da pandemia do Covid-19, e aposta por incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras.

No caso do Barco, os praceiros reciben con material promocional e agasallos aos clientes que durante esta mañana se achegan ata este mercado para facer as súas compras. A partir das once comezaba a actividade de animación de “Risaplus”, con música e globoflexia, que se prolongará ata o peche da praza.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button