EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Piden un pleno para explicar os gastos da tarxeta corporativa do presidente da DO Valdeorras

A solicitude presentábana na sede do consello regulador valdeorrés dous vogais das adegas o 2 setembro
Imaxe dun dos plenos do Consello Regulador da D.O. Valdeorras./ Carlos G. Hervella.
Imaxe dun dos plenos do Consello Regulador da D.O. Valdeorras./ Carlos G. Hervella.

Dous vogais das adegas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras presentaban o 2 de setembro neste órgano rector un escrito solicitando a celebración dunha sesión plenaria “extraordinaria e urxente” para que o presidente desta entidade, Francisco García, explique “os movementos de contas e pagos realizados coa tarxeta de crédito corporativa no ano 2016”.

Imaxe do escrito socilitando o pleno presentado por dous vogais do consello valdeorrés.
Imaxe do escrito socilitando o pleno presentado por dous vogais do consello valdeorrés.

No escrito, asinado por José Luis García Pando e José Guitián, sinálase “a imposibilidade de pedir explicacións nos plenos celebrados dende o día 20 de abril de 2016 (único celebrado con rogos e preguntas dende que é presidente D. Francisco García Álvarez)” e xustifican a urxencia do pleno “ante posibles irregularidades detectadas en movementos de contas e sobre todo no uso da tarxeta corporativa”, citando como exemplos diversos gastos que superan os mil euros, entre eles de xabón para a psoriase e produtos de piscina. Os vogais tamén solicitan que “nese pleno se leve toda a documentación de ditos movementos”.

Artigos relacionados

Back to top button