CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Pili Pampín actuará este agosto en San Xoán de Río

A artista galega será un dos pratos fortes das festas de verán
A artista Pili Pampín no programa “Vivan as tardes” da TVG.

Despois dun longo e duro inverno, onde as comisións de festas, asociacións culturais, motoclubes, etc, fixeron un duro traballo recadando cartos e planificando as actividades para todo o 2018, coa chegada dos primeiros días de sol e calor do ano, este oscuro traballo comeza a florecer, saíndo a luz e materializandose en datas, actuacións, novas propostas, etc, que intentan convencer aos veciños para que participen nas propostas dos colectivos.

Este é o caso de San Xoán de Río, onde a nova comisión de festas, asumida pola Asociación Cultural RíoMola, presentará na vindeira semana a súa proposta para as festas de San Xoán, nas que podemos avanzar que se organizarán 3 días de festa: venres 22, sábado 23 e domingo 24 de xuño, tras varios anos onde a festa viuse reducida a so 1 día.

Ademáis neste concello, acaba de pecharse un acordo, para que a gran artista galega María del Pilar Villar Rivas, máis coñecida como Pili Pampín, sexa un dos platos fortes das festas de verán. Pili Pampín ten, actualmente, un programa na televisión de Galicia “Vivan as tardes” e é coñecida por saír no “Land Rober Tunai Show” e en “Luar”. A actuación da artista está prevista para a verbena do venres 10 de agosto no campo da festa de San Xoán de Río onde os organizadores prevén unha gran asistencia de público.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button