EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Pinchos de primavera, na capital da provincia

A IV edición do concurso desenvolverase do 26 de maio ao 8 de xuño en Ourense
Cartaz do certame.
Cartaz do certame.

A mediados de abril, a Concellería de Turismo do Concello de Ourense presentaba as bases do Concurso de Pinchos de Primavera, que se celebrará do 26 de maio ao 8 de xuño. A cita acada a súa cuarta edición (a súa variante de outono leva seis) e conta un ano máis coa iniciativa da Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO).

Así, tódolos establecementos interesados, están chamados a inscribirse nesta iniciativa ata o vindeiro 5 de maio, sendo as espectativas da Concellería superar con creces os 52 locais da edición anterior. Javier Outomuro, secretario da UHO, animou neste sentido a estender a participación polos barrios, e indicou que “a continuidade do concurso dá boa medida do recoñecemento que ten entre os ourensáns”.

Como novidades máis salientables da convocatoria, este ano os pinchos terán un prezo máximo de 2,5 euros, unha demanda dos propios consumidores coa que se sensibilizaron tódolos establecementos. Ademáis, e por primeira vez, tódolos participantes deberán abonar una cuota de 50 euros por participar (100 euros no caso dos establecementos non asociados á UHO). En opinión de Outomuro, o feito de cobrar dálle “respecto e valor aos fogóns”, ao tempo que axuda na promoción e aumenta os recursos para profesionalizar o concurso.

No tocante aos premios, mantéñense os clásicos outorgados pola prensa, as votacións dos consumidores e por un xurado profesional. A maiores haberá premios ao pincho de mellor iniciativa emprendedora, no que se valorará o conxunto máis saboroso, prebe incluída, e o pincho apto para celíacos.

A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, anunciaba esta nova edición como “unha boa noticia para a dinamización turística da cidade, na que só dicir “Sabores de Ourense” xa abre o apetito e as ansias por degustar as creacións dos nosos hostaleiros”.
Da boa acollida que tivo a cidade durante a Semana Santa falou tamén a concelleira asegurando que “de xoves a sábado, os hoteis colgaron o cartel de non quedan habitacións, con ocupacións que en ningún caso baixaron do 98%”. Os datos, pormenorizados por Ana Rodríguez Mazaira, profesional da Oficina de Turismo de Ourense, falan de 535 demandantes de información na oficina.

Texto: O Sil/Redacción Ourense

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button