OurenseÚltima hora

A pintura de Paco Ascón no Centro Cultural Marcos Valcárcel

O 29 de abril ás 20 horas inaugurarase a exposición da colección sobre Ourense e a provincia

90a1a3a6-e668-4a32-90b4-1a4a25cab24c-1

“Ourense é arte”, así se titula a mostra dos últimos traballos do pintor Paco Ascón “un dos proxectos máis importantes da miña traxectoria artística”, segundo as súas propias palabras.

Este traballo, unha colección monográfica sobre Ourense e a provincia, permanecerá exposto no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense nos meses de maio e xuño. A inauguración terá lugar o vindeiro venres 29 de abril ás 20 horas, nun acto que contará coa presenza do autor e de dous poetas orensáns. Tamén haberá unha degustación de viño de Autor, aportado como colaboración, por Adegas Antonio Montero.

Artigos relacionados

Back to top button