CulturaCulturaGalerías de fotosSen categorizar

Pintura erótica de trazos valdeorreses na Semana Verde de Galicia

Unhas vinte obras do artista barquense Chere poden verse nunha mostra colectiva incluída no programa deste certame internacional

Dentro do amplo abano de expositores e propostas que ata o vindeiro 15 de xuño poderán verse no marco da 37 edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia en Silleda, Valdeorras terá un espazo de seu.

Por unha banda estará representada artísticamente polo barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, cuxa obra forma parte dunha exposición incluída no programa do certame. Trátanse de vinte cadros de pintura erótica, nos que queda patente a traxectoria deste creador. “Está pode ser a “semana máis verde” grazas a un valdeorrés”, bromea o artista, que adianta que xa está a preparar novos proxectos. Nas fotos pode verse a este creador xunto ao comisario da exposición, algúns dos cadros da mostra e a unha das súas modelos.

Ademais de na pintura, a comarca estará representada na Semana Verde de Galicia a través dos viños. Así, un dos expositores desta edición é a adega cooperativa Jesús Nazareno do Barco.

Fotos cedidas por Chere

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close