EconomíaEconomíaÚltima hora

Piquete informativo en Vilamartín pola folga do transporte de mercadorías por estrada

Publicidade

 

Segunda xornada de paro nacional indefinido no transporte, convocada pola Plataforma Defensa do Sector Transporte de Mercadorías por estrada nacional e internacional. No marco dela esta mañá os condutores que circulaban pola estrada N-120, ao seu paso por Vilamartín, atopábanse cun piquete informativo de membros desta plataforma, pero que non eran camioneiros valdeorreses.

O paro no transporte non está a ter efectos importantes en Valdeorras, así polo menos o transmiten os diferentes sectores empresariais, como é o da lousa, material que se transporta principalmente por estrada, ou como confirman tamén dende a Asociación Empresarial de Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button