DeportesÚltima hora

“Piraguaina”, en Chandrexa de Queixa

Esta actividade acuática, promovida polo Club Montaña Trives, está prevista para o 27 de xuño
O Club Montaña Trives organizará unha actividade acuática a finais de xuño.
O Club Montaña Trives organizará unha actividade acuática a finais de xuño.

Cunha nova proposta deportiva comezará o verán o Club Montaña Trives. Trátase da primeira “Piraguaina”, unha actividade de piragüismo que está programada para o 27 de xuño en Chandrexa de Queixa. Comezará ás 9:30h cunha iniación ao piragüismo e, de seguido, ás 10:30h. farase unha ruta polo encoro que concluirá en torno ás dúas da tarde.

Os participantes neste percorrido compartirán despois un xantar (pan, paella, bebida e sobremesa) no Restaurante Cardiego. Dende o Club de Montaña Trives tamén se indica que pola tarde (entre as 15h. e as 19h.) o uso das piraguas será libr).

As persoas interesadas en participar neste roteiro en piragua poden formalizar a súa inscrición no enderezo club.montana.trives@gmail.com. A data límite de inscrición será o 25 de xuño. Dende o Club Montaña de Trives tamén sinalan que “no caso de haber gran acollida disporase de novas datas para xullo e agosto”.

Artigos relacionados

Back to top button