DeportesÚltima hora

Pista de patinaxe e inchábeis para os máis pequenos da casa, no pavillón de Quiroga

 

Coa chegada do mes de decembro increméntanse as actividades organizadas dende o Concello de Quiroga para os máis pequenos da casa. Inchábeis, certame de poesía, ou Mini Chef son algunhas das actividades programadas para este mes. A primeira destas actividades será a de inchábeis e pista de patinaxe que se instalará no pavillón municipal esta fin de semana.

Específico para os máis maiores están as actividades que se desenvolven nas instalacións do Centro Social para a Terceira Idade: un campionato de Tute, Bingos de Nadal e unha cea de Nadal con música en directo.

Os máis deportistas poderán participar no Torneo de Fútbol Sala ou despedir o ano coa xa tradicional carreira – andaina solidaria de San Silvestres que se organiza o día 31.

Non faltarán representacións teatrais para todos os públicos como Borralliña, a cargo do grupo de teatro Palimoquiños (do circuíto de teatro aficionado da Deputación Provincial) nin música co concerto de Manoele da Felisa (contando coa Secretaría Xeral de Política Lingüística), nin por suposto as visitas de Papá Noel o día 23 e a dos Reis Magos do día 5 de xaneiro.

Artigos relacionados

Back to top button