ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pista de patinaxe, inchábeis e merenda no DivertiRúa 2020

Do 1 ao 7 de xaneiro está instalado no pavillón polideportivo do Aguillón, con acceso gratuíto

 

Ata catro inchábeis diferentes, unha pista de patinaxe, un posto de flocos de millo e mesmo de perriños quentes, ademais de refrescos. Ao DivertiRúa 2020 non lle falta detalle.

O parque de atraccións instalado no pavillón Victorino Núñez do Aguillón, na Rúa, abría as portas o 1 de xaneiro e permanecerá aberto ata o día 7, todas as tardes de 16 a 20h. con acceso gratuíto para nenos e pais (os flocos, os perriños e as bebidas si que hai que pagalos).

Trátase dunha actividade máis organizada polo Concello da Rúa, dentro do programa navideño que terá o domingo 5 de xaneiro o día grande coa Cabalgata de Reis, que sairá ás 17:30h. da Estación e percorrerá a vila rematando na praza José Antonio Míguez en torno ás 19:30h.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button