EconomíaEconomíaÚltima hora

Pista de xeo, tren turístico e sorteo de 600 euros no Nadal do Barco CCA e de AEVA

 

“Goza do Nadal cos teus” é o lema co que a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) poñan en macha a súa campaña de Nadal 2019. O seu programa presentábase en rolda de prensa na mañá do 3 de decembro no Barco.

Ambas asociación volven apostar pola colaboración contando tanto coa poboación como con empresas e institucións como o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, así como cos Concellos do Barco e da Rúa, e da entidade Cruz Vermella.

Entre as propostas desta campaña figuran un tren turístico de Nadal gratuíto que percorrerá as rúas do Barco os días 23 de decembro (en horario de 11h. a 14h. e de 17h. a 20h.) e 24 (dende as 10h. ata as 13:30h.). Volve tamén a pista de xeo á vila barquense e nesta ocasión instalarase na praza do Concello entre os días 23 e 29 de decembro en horario de mañá e tarde. “Regalaremos 300 entradas que se lle entregarán aos 300 primeiros nenos que suban ao tren do Nadal”, adiantaban dende AEVA e O Barco CCA.

 

 

Ademais farase o sorteo de 600 euros en vales de compra para investir nos establecementos que participan na campaña, repartidos en 6 vales de 100 euros cada un. O sorteo dos mesmos realizarase ante notario o 17 de xaneiro. E en colaboración co Concello da Rúa sortearanse entradas de cine nas estreas cinematográficas nesta vila.

Por outra banda, tamén se convocará un concurso de escaparates no que poderán inscribirse todos os establecementos comerciais e de hostalaría da campaña de Nadal.

Cada establecemento da campaña estará decorado cunhas estrelas feitas con corchos reciclados no “Taller de sensibilización ao reciclaxe para nenos” da Cruz Vermella Valdeorras.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button