Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Pistoletazo de saída á campaña electoral, na Rúa

PP, PSdeG-PSOE, En Marea e BNG iniciaban na medianoite do 8 de setembro os actos oficiais para os comicios do 25S

Cunha sorpresa se atopaban os representantes na Rúa das catro formacións políticas que comparecerán ás eleccións do 25S, cando na mediantoite do 8 de setembro se dispoñían a abrir a campaña coa tradicional pegada de carates: non había taboleiros onde pegalos!! Por un despiste, non colocaran as plataformas distribuídas por toda a vila nas que deberían ir os cartaces, polo que tiñan que conformarse coa colocación das pancartas nos varandas.

Así o facían PP, PSdeG-PSOE e En Marea. O BNG pola contra, unicamente amosaba uns carteis coa frase “Lume nunca máis. O noso monte importa”, xa que decidían suspender a pegada de cartaces en solidariedade cos afectados polos incencios e en protesta “pola política agraria do PP”, en palabras dos representantes do partido na Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button