PolíticaÚltima hora

Pistoletazo de saída en Ourense ao XVI Congreso do PPdeG

O candidato á presidencia dos populares, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PP nacional, Mariano Rajoy, mantiveron un encontro coas NNXX como antesala á fin de semana
Feijóo e Rajoy visitaron esta tarde ás NNXX de Ourense.
Feijóo e Rajoy participaron nun acto das Novas Xeracións do PP de Galicia, en Ourense.

Esta fin de semana Ourense converterase na capital do PPdeG coa celebración do XVI Congreso Autonómico do partido. E o pistoletazo de saída celebrouse esta tarde, 6 de maio, cun encontro entre o candidato á presidencia do partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e as Novas Xeracións (NNXX). Tamén asistiu o presidente do PP nacional e actual presidente do goberno en funcións, Mariano Rajoy, quen defendeu que o seu será un proxecto de “política seria e responsable tras catro meses perdidos”.

Nesta liña, Feijóo aproveitou para pedir o esforzo do partido para gañar as eleccións xerais e abordar o reto dunha terceira maioría consecutiva en Galicia. Asimesmo, recibiu de Rajoy o aval impreso e firmado de cara ao Congreso desta fin de semana

Os actos, que terán lugar no recinto feiral de Expourense, comezarán na tarde do sábado 7 de maio e prolongaranse ata o mediodía do domingo 8, que se clausurará tras a proclamación do candidato.

Artigos relacionados

Back to top button