DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Pizarras Los Tres Cuñados FS dalle a volta ao marcador e imponse ao Cidade de Narón

O conxunto valdeorrés lograba facerse coa vitoria na segunda parte dun intenso encontro que remataba cun marcador de 6 a 4

Tras unha semana de parón ligueiro, o Pizarras Los Tres Cuñados F.S. regresaba con forza á competición na segunda división B de fútbol sala. Recibía nun pavillón de Calabagueiros (O Barco) cheo ao Cidade de Narón, terceiro da táboa, na tarde do sábado 6 de abril.

Malia que eran os visitantes os que adiantaban no marcador, o Pizarras Los Tres Cuñados non tardaba en empatar da man de Javi. A partir de aí virían situacións complicadas para os locais, xa que o Cidade de Narón chegaba a coller vantaxe, xa que chegou a poñerse con dous goles por diante ao remate da primeira parte.

Sen embargo, no segundo tempo o equipo de Xocas Miranda (que desta volta tivo que ver o partido dende a grada debido a unha sanción) dáballe por completo á volta ao partido, cunha destacada remontada e finalizando o encontro cun destacado marcador de 6 a 4.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button