OurenseÚltima hora

Plan de desenvolvemento urbano sostible

O Concello de Ourense e a Deputación pechan un acordo para a posta en marcha do proxecto ‘Estratexia Conecta Ourense’
Manuel Baltar e Jesús Vázquez durante o encontro no Pazo Provincial.
Manuel Baltar e Jesús Vázquez durante o encontro no Pazo Provincial.

O Concello de Ourense e a Deputación provincial veñen de pechar un acordo de colaboración para a posta en marcha das iniciativas a desenvolver no marco da estratexia de desenvolvemento urbano sostible na provincia de Ourense, “Estratexia Conecta Ourense”. Un acordo que terá que ser ratificado nos órganos competentes de cada unha delas.

O proxecto aposta polo concepto de “conexión” e ten como principal obxectivo crear e reforzar vínculos entre a capital e os municipios que a rodean co fin de articular un espazo metropolitano máis dinámico e mellor articulado que impulse o crecemento social e económico do conxunto da provincia. “Trátase de abordar os problemas urbanos do espazo metropolitano da cidade de Ourense relacionados, fundamentalmente, coa ausencia dunha verdadeira malla urbana que permita unha comunicación fluída tanto no interior da cidade como entre esta e a súa contorna”, explican dende a Deputación de Ourense.

Neste sentido, a Estratexia Conecta Ourense (ECOU) ten como obxectivo principal “contribuír á creación dun espazo metropolitano en torno á cidade de Ourense co fin de xerar un espazo de crecemento e desenvolvemento con impacto provincial”. Para logralo, a Estratexia parte do desenvolvemento da conexión da cidade e a súa contorna en tres dimensións: física, virtual, e económica e social.

Artigos relacionados

Back to top button