EconomíaEconomíaÚltima hora

Plan de racionalización da Administración paralela

O vicepresidente da Xunta participaba nas xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia”

O vicepresidente da Xunta, na apertura das xornadas.

A Xunta de Galicia foi pioneira en por en marcha un plan de racionalización da súa Administración paralela e comezar a adelgazar a Administración. Así o sinalaba o seu vicepresidente, Alfonso Rueda, na mañá do 10 de novembro na apertura das xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia” na sala de xuntas da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Como resultado deste proceso, que actualmente está na súa terceira fase, suprimíronse máis de 70 entes e introducíronse centos de medidas de mellora naqueles que continúan funcionando.

Ademais o pasado ano o goberno galego aprobaba a Lei de Racionalización do Sector Público Autonómico de Galicia, que introduce unha serie de controis moi claros sobre os entes paralelos.

Estas xornadas de debate sobre "Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia" tiñan lugar na USC.
Estas xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia” tiñan lugar na USC.

Artigos relacionados

Back to top button