OurenseÚltima hora

O plan “EmpregOU” de emprego xuvenil recibe 1,6 millóns do Fondo Social Europeo

A iniciativa, da Deputación, está dedicada a mozos entre 16 e 30 anos da provincia inscritos no programa de Garantía Xuvenil
Manuel Baltar.

A Deputación de Ourense recibirá máis de 1,6 millóns de euros (1.654.940 €) para levar a cabo o proxecto “EmpregOU”, promovido polo organismo provincial para o fomento do emprego xuvenil na na provincia. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe, 20 de xullo, a resolución de axudas do Fondo Social Europeo (FSE), entre as que figura a destinada “EmpregOU”, que ten como obxectivo a mellora da formación e a empregabilidade de menores de 30 anos residentes na provincia ourensá.

Manuel Baltar asegurou que esta axuda “dará un novo impulso ao emprendemento e ao apoio do emprego xove na nosa provincia, e amosa a importancia da cooperación entre a Deputación de Ourense e o Ministerio de Industria nun ámbito de tanta importante como e o emprego, a formación e o apoio á incorporación dos xóvenes ao mercado laboral”.

O proxecto aprobado, “desenvolverase a partir de setembro, e está enfocado a mellorar a empregabilidad da mocidade da provincia en sectores con alto potencial de xeración de emprego, como o termal, o tecnolóxico ou o agroaliamentario, principalmente”, remarca Manuel Baltar.

A resolución da convocatoria de axudas do FSE 2017, enmarcadas no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (axudas AP-POEJ), destinadas á integración de persoas xóvenes no mercado de traballo no contexto do Sistema Nacional de Garantía Juvenil. O obxecto desta convocatoria é o cofinanciamento de proxectos promovidos por entidades locais que inclúa a realización de actividades formativas para mellorar a empregabilidade de persoas maiores de 16 anos e menores de 30, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil, estean ou non inscritas como solicitantes de emprego.

Esta alianza a prol do emprego na provincia de Ourense foi asinada hai meses polo presidente da Deputación e o director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Fernando Bayón, un acordo que contempla tres liñas de actuación: aceleración de emprendedores, programa de emprego xuvenil e axudas económicas a empresas para a contratación. Todo elo coa finalidade de mellorar a formación dos xóvenes para o seu acceso ao mercado laboral, por medio de cursos especializados, e tamén fomentar a contratación, a través de axudas a empresas para a contratación de xóvenes desempregados, e fomentar tamén o autoemprego, con actividades de formación e axudas para que poidan poñer en marcha a súa propia empresa.

Artigos relacionados

Back to top button