Galerías de fotosÚltima hora

Plantacións no Día das Árbores da Asociación Galega de Áridos

Cen estudantes de Vilar de Santos, Sandiás, Cariño e Mañón colocan 190 árbores en zonas restauradas

Un cento de escolares galegos participaron na xornada do 17 de marzo nas actividades da IX edición do Día das Árbores, os Áridos e a Biodiversidade, organizado pola Asociación Galega de Áridos (AGA) nos concellos ourensáns de Vilar de Santos e Sandiás e nos coruñeses de Cariño e Mañón.

A actividade central desta xornada, que pretende “difundir entre os cativos e a sociedade a cultura de restauración de territorios, recuperación medioambiental das zonas de extracción e a filosofía de minería responsable defendida por AGA”, segundo explican dende a asociación, foi a prantación de 190 árbores nas graveiras e canteiras participantes para visibilizar a implicación do sector galego dos áridos co mantemento e mellora dos ecosistemas naturais.

A actividade na provincia de Ourense desenvolveuse conxuntamente entre as empresas Graveras Castro e Áridos Antelanos coa participación dos Concellos de Vilar de Santos e Sandiás, que estiveron representados polos seus alcaldes. No acto participaron 40 cativos, alumnos dos colexios Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga) e do CEIP Sandiás que plantaron medio cento de árbores segundo o plan de restauración aprobado.

Artigos relacionados

Back to top button