EconomíaEconomíaÚltima hora

Plantas e sorteos para os clientes do Barco CCA na campaña “con N de Nai”

Ao longo da mañá esta asociación conta cun posto na praza do Concello onde se poderán depositar os tíckets das compras para entrar nun sorteo, ademais os clientes reciben unha planta como agasallo

 

A Asociación Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco está a celebrar o Día da Nai coa campaña de dinamización “con N de Nai”, que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

Neste venres 29 de abril, en horario de 10:30 a 13:30 horas na Praza do Concello (xunto ao Concello Vello), está instalo un posto á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra, cun nome e un teléfono de contacto, nunha urna.

Os tíckets deberán corresponder ás compras realizadas durante a semana do 25 ao 29 de abril. Entre todos os participantes sortearase, ao azar, un vale de compra por valor de 100€ para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco. Ademais, a asociación entregará aos clientes, que depositen o seu tícket de compra na urna, unha pequena planta como agasallo (ata fin de existencias).

O sorteo celebrarase o martes 3 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados poderán recoller o seu premio na oficina do CCA O Barco ( c/ España, 1) a partir do mércores 4 de maio, en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Os establecementos poderán gardar os tíckets dos seus clientes correspondentes ás compras do venres 29 de abril en horario de tarde e entregalos, antes da celebración do sorteo, na oficina do CCA O Barco, tal e como informa esta entidade.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button