CulturaÚltima hora

A plataforma en defensa do Ateneo organiza o concerto “Estamos co Ateneo” este venres no local da avenida Habana

 

Cartel do evento.

A plataforma “O Ateneo é noso” organiza un concerto de apoio a esta entidade social e cultural da capital das Burgas baixo o título “Estamos co Ateneo”. O evento terá lugar este venres, 31 de marzo, no local da entidade na avenida da Habana 25 a partir das 19:20 horas, en Ourense. Esta plataforma reclama unha solución á Xunta que garanta a supervivencia da institución cultural ourensá.

O cartel está composto polos seguintes artistas: The Yankees, Sloe Gin, Martín Rey, Uxía, Bugarín, Antía Balvís, Roswell e Abraham Balbino.

Artigos relacionados

Back to top button