SanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras desconvoca a concentración de hoxe

Os seus responsables recibían unha comunicación da Subdelegación do Goberno indicándolles que non tiñan permiso para celebrala
Imaxe da concentración do pasado 30 de agosto diante do HCV.

No mediodía de hoxe 6 de setembro estaba convocada unha concentración, como a semana pasada, para manifestarse en contra do anteproxexcto da Lei de Saúde de Galicia que suporá a desaparición da área sanitaria do Barco. Nesta mañá os responsables da plataforma recibían unha comunicación da Subdelegación do Goberno en Ourense indicándolles que non tiñan permiso para poder realizar a concentración. O mesmo acontece coas concentracións previstas nos centros de saúde da área.

“Solicitámola hai uns días, pero ao parecer hai que facelo dez días antes”, comentaba o voceiro da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, Orlando Saavedra.

Aínda así, a Xunta de Persoal mantén a convocatoria de concentración no exterior do recinto do hospital.

Artigos relacionados

Back to top button