SanidadeÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras explica na Rúa as consecuencias da reforma da Lei de Saúde de Galicia

Co obxectivo de seguir traballando para que o goberno galego “paralice o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia”, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras continuará coas concentracións cada mércores ás 12h. no Hospital Comarcal Valdeorras e nos centros de saúde da área, así como coas charlas informativas sobre as consecuencias desta reforma normativa nos diferentes municipios.

Na Rúa tiña lugar na tarde do 14 de setembro, na Biblioteca Municipal. Ata alí se achegaron dous representantes da plataforma para explicar aos asistentes, o que supón para Valdeorras o anteproxecto de reforma da Lei que preve a eliminación da área sanitaria, unha “estratexia para eliminar servizos do rural e privatizar a sanidade”, segundo explicaron.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button