OurenseÚltima hora

O Pleno da Deputación aproba dezaséis propostas no Debate do Estado da Provincia

Leváronse adiante as dez do PP, pola súa maioría absoluta, cinco do PSdeG- PSOE e unha do BNG
Sesión Plenaria de hoxe onde se celebrou o Debate do Estado da Provincia. // Foto: Carlos Asensio.

Saber como está a provincia de Ourense. Esta é a premisa coa que partiu hoxe, 16 de novembro, o Debate Sobre o Estado da Provincia que se celebrou no Salón de Plenos do Pazo Provincial. Na sesión, dunhas tres horas de duración, faláronse sobre diferentes aspectos relativos á situación da economía e a sociedade de Ourense e aprobáronse un total de dezaseis propostas de resolución presentadas polo Partido Popular, PSdeG-PSOE e BNG, fronte á do grupo de Democracia Ourensana, que só presentou unha pedindo a anulación deste debate asegurando, segundo dixo Gonzalo Pérez Jácome, “que é imposible debater un total de corenta propostas nunha xornada”.

Así, só os tres grupos anteriormente nomeados presentaron as súas dez propostas, das cales foron aprobadas as do PP na súa totalidade, xa que teñen maioría absoluta no Pleno, cinco do PSOE e unha do BNG. Democracia Ourensana non estivo presente nas votacións.

O primeiro en falar neste debate foi o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que centrou as súas verbas no análise económico da provincia. Asegurou que a economía da provincia “afronta un cambio de ciclo” dende finais do 2014. Recalcou que Ourense “está a vivir unha recuperación informe e sólida”, avalando as súas palabras amosando datos de redución do paro da Enquisa de Poboación Activa. Ao mesmo tempo asegurou que os sectores “clave” da provincia como a agroalimentación, o téxtil, a lousa ou o comercio, entre outros, “a provincia engade o empuxe da economía dixital, a verde, a economía social e da industria de nova xeración”.

Así é todo, os grupos da oposición amosáronse bastante críticos coas verbas de Baltar. De feito, o voceiro do PSdeG-PSOE, Francisco Fraga asegurou que o discurso de Baltar “está moi alonxado da realidade”. O deputado socialista fixo referencia aos “baixos salarios da agraria” e á emigración da provincia a outras cidades para verificar ao seu discurso. Asemade acusouno de “vender fume”.

Pola súa banda, tanto o BNG como Democracia Ourensá coincidiron no seu discurso ao cualificar o Debate do Estado da Provincia como “un circo”. Concretamente o voceiro dos nacionalistas, Ramiro Rodríguez, criticou todo o discurso achegado polo Partido Popular e fixo referencia aos casos de corrupción que sofre “sendo o partido máis imputado”, dixo. Máis directo foi o voceiro de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, que non se cortou á hora de reiterar que esta iniciativa “é o teu xoguete persoal”, díxolle a Baltar. Jácome non esqueceu os seus habituais cualificativos de “megalómano” e incluso mencionou os casos xudiciais pendentes do presidente. No que se refire á provincia, enumerou problemas como a emigración dos mozos, o paro e o envellecemento, “así baixa o paro, porque marchan ou morren”, reiterou.

Propostas

As propostas do Partido Popular versan, principalmente, sobre a prevención de incendios forestais, política social, internacionalización das empresas a través do Plan ExportOU -que se leva a cabo en colaboración coa CEO-, igualdade, transparencia…

Unha das medidas presentadas polo PSOE, e que o pleno aprobou por unanimidade, foi o pacto provincial pola violencia de xénero. Co obxectivo de reducir as vítimas e previr actos de violencia machista.

En canto á moción aprobada do BNG, esta versaba sobre a elaboración dun plan da rede viaria provincial para que as estradas máis afectadas, dende un punto de vista técnicos, teñan preferencia para seres rehabilitadas.

Artigos relacionados

Back to top button