ConcellosÚltima hora

O pleno da Deputación falará dos danos da saraiba aos cultivos da Limia

Os alcaldes de Sandiás, Xunqueira de Ambía e Sandiás reuníronse hoxe co presidente da Deputación para falar do tema
José Manuel Souto, José Luis Gavilanes, Manuel Baltar e Felipe Traveso.

Os alcaldes de Sandiás e Xunqueira de Ambía, e o tenente de alcalde de Vilar de Barrio, mantiveron hoxe, 17 de xullo, unha xuntanza co presidente da Deputación, Manuel Baltar, na que analizaron as consecuencias que a saraiba ten provocado cos cultivos agrícolas nestas localidades.

Manuel Baltar informou tamén ás tres administracións locais representadas na inclusión dunha moción dun grupo político sobre esta cuestión na orde do día da sesión plenaria da corporación provincial do vindeiro 28 de xullo.

Asemade, Manuel Baltar acordou que persoal técnico do Centro de Desenvolvemento Agroalimentario de Xinzo de Limia, dependente do Inorde, avaliase urxentemente as perdas. Con eses datos proporíanse as actuacións correspondentes que pasarían pola implicación da Xunta de Galicia coa declaración de zona de emerxencia e medidas derivadas, e mesmo a negación con entidades bancarias, establecendo liñas de microcréditos para os titulares das explotacións. “As administracións públicas somos conscientes da incidencia do pedrazo na economía destas áreas agrícolas da provincia, xa que preto de medio cento de familias están a ver en risco a viabilidade da súa colleita coas perdas económicas que provoca”, afirmou Manuel Baltar.

A produción de pataca e cereal é un elemento clave na economía na comarca limiá, así como unhas das máis importantes de Galicia, por iso o sector agrícola require o estudo e a adopción de medidas que axuden a paliar os danos ocasionados, algo que coincidiron hoxe o presidente da Deputación e os alcaldes dos concellos afectados.

 

Artigos relacionados

Back to top button